A Nova Etapa de Galicia Medieval

A partir deste outubro comezamos unha nova etapa en @GaliciaMedieval. Por que ocorre isto? Porque xa levabamos varios anos co Twitter e coa conta de Instagram e penso que é o momento de profesionalizar o perfil, isto é, que ademais das ferramentas antes ditas, meterémonos no mundo do Blog, do Patreon, de Twitch e de Discord.

Que farei a partir de outubro? farase artigos, videos, directos, etc. para que poidades coñecer diferentes feitos que ocorreron na Galiza medieval, moitos deles serán escollidos por vós grazas ao apoio que me daredes.

A continuación explicarei o que se fará en cada conta:

  • O primeiro de todo é que continuarei co twitter, onde farei máis fíos e seguirei, como víchedes estes días, con noticias e efemérides, ademais de dar a miña opinión sobre algunha cousa.
  • O segundo é que tamén continuarei co instagram, aquí ademais das fotos que realice contando cousas como estou facendo actualmente, farei algún directo para que me poidades preguntar ou vos conte calqueira cousa.
  • O terceiro é que teremos blog dentro da páxina www.galizamedieval.wordpress.com. Alí colgarei artigos ou entrevistas que poida facer. Intentarei facer mínimo dous artigos ou entrevistas ao mes dos cales os que me apoien economicamente poderán a escoller.
  • O cuarto é a creación de Patreon. Que é isto? Un sistema de micromecenazgo no que podedes doar coma usuarios de @GaliciaMedieval unha cantidade de cartos mensual para así apoiarme. Esta cantidade será para mellorar o contido e o material que se faga dende a conta.
  • O quinto é a creación dun canal de Twitch. Que é isto? Unha plataforma de directos que comezou con videoxogos pero que actualmente divulgadores e artistas tamén participan nel onde tamén se lles pode apoiar economicamente con doazóns e suscricións. Que faremos alí? Pois xogaremos a algún xogo, pero tamén intentaremos facer outro tipo de directos coma máis persoais con preguntas e respostas ou falando dalgún tema ou cun pouco de humor.
  • E por último (se non se me ocorre proximamente máis nada) imos ter Discord. Que é isto? Unha plataforma social destinada nun primeiro momento para crear grupos de chats para diferentes xogos pero que se pode usar para outras finalidades. Aquí soamente poderán participar os que axuden ao canal.

Todas estas ferramentas iránse incluíndo a partir de outubro de 2020 e así poida mellorar o canal comprar material e intentar profesionalizar un proxecto que creo que nos pode ilusionar a todos. Por último moitas grazas polo apoio que me mostrades cada día.

Eternamente agradecido

Adrián Blanco.